educación

El profesor Limia Gardón debate con alumnos sobre educación

O ciclo de debate pon en contacto aos estudantes con xornalistas, ademáis de fomentar a súa retórica

A Cidade da Cultura acolle estes días un ciclo de debates escolares no que participarán máis dun cento de alumnos do último ciclo da ESO e do Bacharelato. Baixo o lema "O valor da educación para a construción de sociedades libres", a Xunta de Galicia promove con esta actividade a capacidade retórica dos rapaces, ademais de poñelos en contacto con diversos profesionais do xornalismo. Xabier Limia, colaborador de La Región, formará parte da proposta, xunto con profesionais de outros medios da comunidade.

O ciclo de debates supón o alfinete de ouro a exposición do Gaiás, "Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra", na que se atopa o cadro "A derradeira leición do mestre". A través da discusión entre alumnos e profesionais da información, a proposta promove unha reflexión sobre a importante tarefa dos mestres -representado no cadro de Castelao- e o vínculo co sistema educativo actual. 

En total, o ciclo contará con seis quendas de debate nas que se enfrentarán as ideas de dous grupos diferentes de estudantes, e onde o xornalista participante exercerá como o moderador.

Te puede interesar