'VICENTE RISCO, MESTRE DE MESTRES'

Un libro profundiza no traballo e na pegada de Vicente Risco

A lo largo de su 500 páginas, la obra analiza la figura de Vicente Risco "desde su perspectiva como maestro, profesión en la que ingresó en 1916"

 O libro "Vicente Risco, mestre de mestres", do doctor en Pedagoxía Xosé Fernández, amosa un intenso e amplo traballo sobre a vida e obra deste  intelectual galego e membro da Xeración Nós, dende a súa achega á literatura, pasando polo seu papel no Seminario de Estudos Galegos e finalmente como formador de mestres.


O traballo foi presentado onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa presenza do autor; do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o portavoz da sección de educación da Fundación Vicente Risco, Xosé Cid, e do presidente da Fundación, Luís Martínez Risco.
Ao longo das súas 500 páxinas, a obra analiza a figura de Vicente Risco "dende a súa perspectiva como mestre, profesión na que ingresou en 1916" ata a súa xubilación en 1954, pero tamén outros aspectos da súa traxectoria, concretou o autor.


"A súa vida transcendeu e foi máis aló do profesorado e temos importantes exemplos diso. Fixo unha importante achega co seu plan pedagóxico; abriu plataformas de comunicación como a sección "Artes e letras" no diario La Región, e mesmo participou en, poderiámolo, definir como parladoiros de café, entre os que destaca o afamado Volter", apuntou Xosé Fernández. 
No mesmo acto presentouse tamén un avance das "Xornadas Pedagóxicas" 2016, que se celebrarán o ano próximo na Deputación de Ourense.

Te puede interesar