EMPREGO

Un programa de inserción permite atopar traballo a 48 persoas en Ourense

No programa de integración laboral IMEDRS participaron 819 persoas en proceso de inserción social

O alcalde presentou en rolda de prensa a memoria do programa sociolaboral de integración laboral IMEDRS que implicou a empresas e organizacións non gubernamentais para "potenciar a formación con cursos en aqueles sectores que as empresas demandaban". 

No programa participaron 819 persoas en proceso de inserción social. Dos participantes, 485 tiveron un itinerario personalizado, 345 asistiron a cursos de formación, 351 participaron en procesos de selección de persoal en empresas e 48 usuarios obtiveron un contrato de traballo entre as empresas colaboradoras deste programa.

O alcalde da cidade, explicou que o perfil dos participantes era: homes e mulleres maiores de 35 anos, casados con dous ou tres fillos, escasa formación académica e que teñen pasado longos períodos de de situación de paro. "Moitos deles con máis de dous anos sen actividade previa remunerada", asegurou Jesús Vázquez. 

Este programa conta con tres profesionais, dúas educadoras e unha graduada en relacións sociolaborais que deseñan itinerarios personalizados de inserción social, prestan servizos e fan o seguimento dos participantes. A maiores, se sumará un psicólogo. 

Te puede interesar