A portavoz de Igualdade e Benestar do Grupo Parlamentario Socialista, Laura Seara, e a secretaria de Políticas Sociais da Executiva Provincial, Asunción Rivero, anunciaron onte que dende o PSdeG en Ourense, se porá en funcionamento un Observatorio dos Servizos Sociais, no que se integrará a Oficina de Atención á Dependencia e que permitirá un seguimento real das políticas sociais na provincia.
Asunción Rivero explicou que Ourense é a cuarta provincia de Galicia en canto a equipamentos sociais se refire, pese a ser a máis envellecida. Puxo de exemplo ao concello de Calvos de Randín, que ten a poboación máis envellecida de Galicia, e que só recibiu 32.422 euros en 2009.