O PSOE do Pereiro solicita unha pasarela peonil en Cachamuíña

Pasarela do encoro de Cachamuíña.
photo_camera Pasarela do encoro de Cachamuíña.
A súa instalación facilitaría o tránsito de peóns e coches, que aumentou nos últimos tempos

O PSOE do Pereiro anunciou onte que levará ao vindeiro pleno unha moción na que lle solicita ao Concello que “se comprometa a instar ao Concello de Ourense, titular da presa de Cachamuíña, a que instale unha pasarela peonil na presa para mellorar a seguridade”. Ademais, tamén instarán ao goberno municipal a que “busque financiación” con outros organismos competentes, “como a Deputación”.

Para a concelleira socialista Luisa Dosantos, a construción dunha pasarela suporía “un gran avance” en materia de “seguridade”, o que “facilitará o tránsito dos peóns e coches, que aumentou de xeito notorio nos últimos tempos, froito da gran afluencia de camiñantes e deportistas nas beiras do encoro cada día e especialmente nas fines de semana”. A edil tamén pon o foco en que a “estreiteza” da presa de Cachamuíña “dificulta moito o cruce en bicicleta ou cun carriño de bebé”, motivo polo que demanda a construción urxente desta pasarela peonil.

Te puede interesar