A compañía ourensá aunará a prosa e a poesía de Rosalía de Castro nunha peza teatral

Sarabela critica o retraso de Agadic nas axudas ao teatro

A directora da compañía ourensá Sarabela Teatro, Ánxeles Cuña, criticou a demora das axudas ás artes escénicas por parte da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), que, segundo informou, aínda non tería publicado a convocatoria para produccións nin festivais deste ano. 'É un momento duro para tódolos sectores e todos estamos dispostos a facer esforzos', indicou, precisando tamén que 'é imprescindible que haxa unhos plans que se convirtan en ferramentas útiles', posto que Agadic 'ten que involucrarse nun plan estratéxico cara ó futuro', en palabras de Cuña.
A directora de Sarabela pronunciouse deste xeito durante a presentación da producción 'Os cantares das musas' baseada na novela 'El caballero de las botas azules', de Rosalía de Castro. Xunto a ela estivo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Na súa intervención, tamén el lembrou que o momento é complicado en xeral e iso 'significa establecer prioridades'. Neste sentido, asegurou que 'os recursos destinados ás artes escénicas están baixando pero non na mesma proporción porque o teatro é algo do que non podemos prescindir'.


MUSAS PARA UN CABALEIRO

A compañía ourensá conxugará a próxima fin de semana no Teatro Principal a prosa e a poesía de Rosalía de Castro para facer teatro, algo que 'nos pareceu fascinante' porque o resultado é 'unha obra máxica'. Os actores Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo recrearán a un total de 10 personaxes para contar a historia dun cabaleiro que pide a inspiración das musas para buscar a fama. No seu lugar, a Novidade convertaráo nun home insólito que escandaliza á corte.

O obxectivo será entón deixar en evidencia á sociedade. A dramaturxia de Ánxeles Cuña está baseada nunha novela 'moi estudiada pero pouco coñecida' e cun prólogo no que Rosalía de Castro critica o seu contexto social, a literatura e a situación da muller. Por iso, é unha obra 'moi actual'.

Sarabela realizará sete funcións en toda Galicia ata mediados de xuño, pero comezarán con dobre sesión no Teatro Principal. Os días 24 e 25, ás 20.30 horas e as entradas teñen un prezo de entre cinco e oito euros. Para as representacións, a Secretaría Xeral de Cultura aporta 11.000 euros. Ánxeles Cuña animou ós espectadores lembrando que 'somos un equipo moi sólido' e agardando que a obra 'tamén o sexa'.

Te puede interesar