O Concello de Taboadela e a Fundación Amigos de Galicia renovaron onte o convenio de colaboración para que a entidade continúe atendendo ás familias con poucos recursos do municipio. Na firma do acordo estiveron presentes o alcalde en funcións de Taboadela, Roberto Blanco, e o director xeral de Amigos de Galicia, Jesús Busto. As familias beneficiarias do programa reciben alimentos de maneira mensual nos seus domicilios, produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar, roupa e calzado. Ademais, Amigos de Galicia levará o seu programa de dixitalización de maiores que xa se imparte noutros concello. Grazas á fundación, dous rapaces con necesidades especiais recibiron terapia de rehabilitación por valor de 9.970 euros.
Buscar
Más en Ourense
Ourense
El helicóptero de Ourense, el único disponible en toda Galicia hasta el martes
19/may./24 17:38