Toén ampliará o acceso á aldea modelo de Trelle

Entrada ao núcleo de Trelle, Toén, nunha imaxe de arquivo.
photo_camera Entrada ao núcleo de Trelle, Toén, nunha imaxe de arquivo.
A ampliación dos accesos na aldeo modelo de Trelle faise máis necesaria para poder transportar aos animais fóra da aldea en remolques.

O Concello de Toén sacou este venres a licitación a mellora dos accesos á aldea modelo de Trelle. Os traballos, orzados en máis de 73.000 euros, teñen como obxectivo reparar os accesos a este pequeno núcleo do concello. O proxecto xustifica esta actuación xa que “las calles del núcleo rural de Trelle se encuentran con una importante degradación de la superficie de rodadura, por lo que se procederá a la renovación de los pavimentos y ampliación del ancho de la calzada”. O prazo máximo de execución do contrato será de tres meses a contar desde a data de sinatura do contrato pola empresa que se faga cargo desta obra.

A de Trelle é unha das 14 aldeas modelo que se atopan na provincia e a Xunta establece que o mellor proxecto para aproveitar todo o seu potencial é a gandaría en extensivo para calquera tipo de gando, tendo prioridade os proxectos cunha produción ecolóxica. Esta decisión tomouse baseándose nas amplas superficies poboadas con especies de frondosas caducifolias autóctonas idóneas para o pastoreo dos animais.

Te puede interesar