Podería decirse que ten sido un home de vangarda. Traballou no estranxeiro como profesor cando os seus paisanos ían como obreiros sen cualificar, e foi un dos cinco primeiros catedráticos de galego. Agora é inspector.

Unha vida á beira do galego

É o maior de tres irmáns, 'neto de campesiños e fillo de garda civil', circunstancia esta última que o fixo pasar unha parte da primeira infancia cos avós para evitarlle a peregrinaxe paterna. Ós once anos ingresou no Seminario Menor, sen idea clara do futuro, ainda que 'ós trece ou catorce anos' tiña claro que lle atraían máis as mozas que as misas. Lembra aquela etapa como un 'tempo duro; para os que por alí pasamos foi unha aprendizaxe da supervivencia', nun ambiente de carencias no que 'se comía mal'. Aquiles aprendices de curas podían merendar pan con manises ou comer 'bacallao cun cheiro como de estar pasado ou cas
Ós once anos ingresou no Seminario Menor, sen idea clara do futuro, ainda que 'ós trece ou catorce anos' tiña claro que lle atraían máis as mozas que as misas. Lembra aquela etapa como un 'tempo duro; para os que por alí pasamos foi unha aprendizaxe da supervivencia', nun ambiente de carencias no que 'se comía mal'. Aquiles aprendices de curas podían merendar pan con manises ou comer 'bacallao cun cheiro como de estar pasado ou case podrido', que hoxe non resistiría ningún rexistro sanitario.

Con todo, a vida espartana, de enclaustramento, 'tamén nos axudou a cultivar o espíritu de camaradería; axudabámonos uns a outros nos estudos.

Abandonou 'como outros moitos compañeiros, por falla de vocación' ó rematar o bacharelato, ainda que valora 'que nos deran a posibilidade de elixir libremente o futuro, ó poder presentarnos á reválida de sexto. 'Así continuamos os estudos sin perder curso'. Lembra que levaban boa preparación, 'pois dos trinta que concurrimos, aprobamos todos'.

Fixo COU no Instituto Masculino (hoxe Blanco Amor) e despois marchou a Santiago para facer Filoloxía francesa en tempos nos que Compostela fervía. 'Vivín a efervescencia dunha cidade universitaria nos últimos anos do franquismo e primeiros da democracia: as asembleas, os grises... era unha etapa na que o tempo semellaba chegar para todo. A cidade rebosaba inquedanza e dinamismo. Eran tempos nos que todo estaba por facer'. Dende unha ventá do seu piso da rua Santiago de Chile proxectaban películas pornográficas na fachada do edificio de enfrente. O fornecedor era un amigo, que as traía de Alemania.

Nise tempo xa xogaba un papel importante Rita, compañeira no camiño da vida ata hoxe, dende os tempos xuveniles da colaboración altruista en Auxilia, da man de Domingos Gómez Freire (Ourense deberá deberá agradecer un día o labor impagable diste home, por máis que íl xa sexa alleo a esas cousas). 'Foi unha actividade moi gratificante para nós', admite Caseiro.

Con Rita andivo na Universidade e con ela se casou sendo uns pipiolos. Xa licenciados marcharon a Valenciennes e Lille, respectivamente. Paralelamente deu clase de galego-portugués durante tres anos na universidade de Utrecht (Holanda). Por libre fixo Filoloxía Galego-Portuguesa e no curso 79-80, 'contratáronme como profesor de galego no instituto Otero Pedrayo'. Estando nise centro, 'convocáronse as primeiras oposicións a cátedra de Galego'. Era o ano 1981 e superadas as probas, permitiulle convertirse 'nun dos cinco primeiros catedráticos de Galego'. Escolleu como destino o centro no que xa impartía clase.

No ano 2004, convocáronse tamén 'as primeiras oposicións libres para a Inspección con carácter autonómico'. Tamén aprobou e dende entón exerce como tal.

Pero Delfín Caseiro ten outras inquedanzas, que o acompañan dende os primeiros tempos. A máis importante é a escritura. 'Escribo dende sempre; xa o facía na época do Seminario, con outros compañeiros. Alí líamos os traballos uns dos outros e comentábamos os contidos'.

Considérase esencialmente poeta, xénero do que ten obra publicada e tamén gardada; escribiu relatos e textos en prosa, que están 'en espera de mellores tempos'. Asimesmo, cultiva con certa asiduidade a colaboración xornalística; son textos que 'ainda sendo narrativos, tratan de manter o estilo literario'.

Como observador atento e avezado da evolución dos xóvenes, cre que 'por principio, cada xeneración é mellor ca anterior. Por eso facer comparanzas non resulta pertinente, pois as situacións son distintas'. 'Nós somos representantes dunha xeneración esforzada por obligación, para a que estaba todo por descubrir; os noso sfillos, en cambio, son a xeneración da abundancia e poden parecer acomodados, pero postos en idéntica situación ca nós, seguramente responderían igual, ou mellor'.

Te puede interesar