Un encontro con outro ourensán, a visión idílica da cidade e inexorablemente, a morte

En Moire conservan a casa natal de Frei Jacobo cunha placa que o recorda.
photo_camera En Moire conservan a casa natal de Frei Jacobo cunha placa que o recorda.

Na carta que lle envía a seu irmán relata con admiración os lugares santos que tivo oportunidade de visitar antes de chegar a Damasco e mesmo lle describe un insólito encontro cun vello compañeiro franciscano, tamén ourensán, ó que non vía dende había case 30 anos.

“(...) Pasé al lugar de los pastores y Fines de Salomón, y de aquí a la casa de Santa Isabel en donde nació el gran Bautista. Aquí hay un convento -di- en donde hablé con un religioso que en el año 33 fuimos muy amigos en Orense. No nos conocíamos por la crecida barba que llevamos, que nos llega a la cintura, pero como Hermanos tuvimos gran consuelo y satisfacción y después mucho más por nuestro anterior afecto”.

Pero o seu verdadeiro encontro co destino estaba na “cidade xardín”, da cal extrae unha primeira imaxe certamente positiva: “En este lugar vino la Orden para marchar a Damasco, distante 80 leguas de esto. Emprendí el viaje con un criado y en el monte Lívano lo he perdido, cual mis angustias al verme sólo, ignorando el camino y sin entender el idioma y pasando por un país acérrimo enemigo. Por fin el Todo Poderoso me llevó a Damasco, ciudad populosa y de los países mejores del mundo, produce trigo, vino, limones, naranjas y toda clase de frutas sin el auxilio de los naturales, sino oportunamente (…)”.

Mágoa que o día 9 de agosto de 1860, os conflitos internos entre distintas etnias e os temores destas a que o cristianismo continuase crecendo na rexión, provocase unha auténtica sangría ó incendiar o barrio cristián e causar a morte de milleiros de adeptos a esta crenza.

Sirvan, como referencia da crueldade utilizada polos “drusos, kurdos, beduinos e árabes”, a descrición do asasinato de Jacobo Fernández, quen, despois de ser arroxado dende unha azotea do convento sen que morrera, “le arrancaron los ojos, cortaron las orejas y arrojaron su cuerpo a los perros...”.

Os restos dos “8 de Damasco” serían soterrados na igrexa do convento franciscano, onde aínda hoxe son venerados polos cristiáns que visitan Damasco, e en 1926 beatificados polo papa Pío XI

Te puede interesar