O etnógrafo Clodio González, un dos premios Peña Novo 2013

O xurado dos premios Peña Novo 2013, galardós creados pola Fundación que leva o nome do político e escritor galego para recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan coas administracións públicaspara a consolidación da lingua galega, decidiu onte conceder as distinciós da nova edición ó Concello de Valga, Colexio de Avogados de Santiago e o etnógrafo ourensán Clodio González Pérez.
O xurado desta edición destacou o traballo do investigador nado en Cenlle en 1947 como un destacado investigador no campo da etnografía e da historia de Galicia, 'que ten sido aproveitada polas institucións públicas autonómicas e moitos concellos galegos para redactaren plans de conservación e protección do noso patrimonio material e inmaterial'.

Os premios Peña Novo entréganse pola Fundación dende o ano 1995.

Te puede interesar
Más en Sociedad