'Os instrumentos musicais na tradición galega', en internet

Pablo Carpintero. (Foto: ARQUIVO)
O Consello da Cultura Galega presentou onte a versión intreractiva multimedia do libro 'Os instrumentos musicais na tradición galega', de Pablo Carpintero. 'Trátase dunha aportación singular que ven enriquecer o almacén de datos dixitais que esta institución pon a disposiciòn de todos os interesados a través dos seus webs', dixo o presidente Ramón Villares. A obra, que estudia uns 150 instrumentos, aparece enriquecida agora coa incorporación de diferentes sons e vídeos e estará dispoñible no sitio web do Arquivo Sonoro de Galicia: www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/
O ourensán Alfonso Vázquez-Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia, destacou a importancia da versión interactiva multimedia desta publicación e recordou os obxectivos do Arquivo Sonoro, creado polo Consello da Cultura Galega en 1992 para recompilar, preservar, catalogar e difundir o patrimonio oral e musical de Galicia.

Iván Area Carracedo, profesor de Matemática Aplicada na Universidade de Vigo ,agradeceu a colaboración do Consello na difusión desta obra.

Te puede interesar