O espectáculo 'Brincabolechas. Circo de Nadal' chegará ao Auditorio de Ourense o de xaneiro

Os irmáns Bolechas percorren Galicia nestas festas de Nadal

Ana Salgado, Mari Paz Comesaña, Antonio Couto, Rosa Vilas e Valentín García, na presentación de onte.
A popular familia de Os Bolechas percorrerá este Nadal oito localidades da Comunidade para dinamizar o idioma galego entre os máis novos co espectáculo 'Brincabolechas. Circo de Nadal'.
Os populares personaxes literarios creados por Pepe Carreiro estarán acompañados por moitos amigos cos que interpretarán moitos números con especial protagonismo da banda sonora de Os Bolechas. O espectáculo, producido por Bolanda, a Xunta e TVG; conta coa produción de Pistacatro e a participación de máis de 40 persoas.

A iniciativa foi presentada onte en Santiago nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora da TVG, Rosa Vilas, o responsable da Editorial Bolanda, Antonio Couto; a directora de Marketing e Negocios de Novagalicia, Mari Paz Comesaña, e Ana Salgado, representante de Novagalicia Banco.


'AMENO E PRÓXIMO'

Valentín García destacou a importancia de Os Bolechas para achegar a lingua de Galicia, a través de 'historias narradas de modo ameno e próximo' para os pequenos. Pola súa banda, Antonio Couto sinalou que o espectáculo está 'concibido para divertir' e para que os nenos sexan 'partícipes' deste.

O evento percorrerá oito localidades galegas entre o 26 de decembro e o 7 de xaneiro e será sempre ás 18,30 horas. A primeira cita terá lugar o próximo mércores no Auditorio de Lugo, e o día 27 o equipo se trasladará ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. O 28, o espectáculo representarase no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago e o último pase do ano será o día 29 no Centro Novacaixagalicia de Pontevedra. Os Bolechas actuarán o 2 de xaneiro de 2013 no Auditorio de Ourense, o 3 no de Lalín e o día 4 no Teatro Jofre de Ferrol.n A iniciativa concluirá o día 7 no Auditorio de Vilagarcía.

Te puede interesar
Más en Sociedad