O compostelano Hostal dos Reis Católicos acolle mañá a presentación desta novidosa proposta

''O Santiago Oculto' revela os segredos dos peregrinos

La publicación de 'La catedral de Santiago para peregrinos'
O Hostal dos Reis Católicos, acollerá este xoves, 12 de xullo, ás 12.30h, un novo proxecto de dinamización turística relacionado co Camiño de Santiago e concretamente coa influencia que este tivo na configuración da súa meta, Santiago de Compostela. Baixo a denominación O Santiago Oculto dos Peregrinos. Iacobus Absconditus Peregrinorum, esta iniciativa agrupa varias accións que permitirán coñecer como a pegada xacobea foi configurando a arquitectura, o urbanismo e a esencia mesma da capital galega.
Na presentación deste proxecto participarán, ademais da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o deán da catedral, José María Díaz; o presidente da rama de restauración da Asociación de Hostalería de Santiago, Jesús Sordo, e o coordinador do proxecto, o profesor e xornalista Manuel F. Rodríguez, quen destaca o carácter pioneiro da iniciativa'. Sinala Rodríguez que 'ningún dos contidos deste proxecto foi desenvolvido ata agora' para deixar clara a novidade da proposta que 'sorprenderá tanto a peregrinos e visitantes como aos propios composteláns'

Unha historia relacionada única e exclusivamente cos elementos xacobeos que só existen e teñen sentido en Santiago facendo desta cidade un lugar único no mundo.

Ao longo do acto daranse a coñecer as diversas iniciativas que forman parte deste proyecto, desde unha completa publicación, La catedral de Santiago para peregrinos. Guía secreta, con todos 'os aspectos puramente xacobeos da catedral' ata un mapa de sinalización das pegadas deixadas durante séculos polos peregrinos que chegaban á cidade e que se completará cunha sinalización nos propios lugares físicos de Compostela.

O proxecto conta co patrocinio e apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo, Turgalicia e o Xacobeo, o Concello de Santiago, o Arcebispado, a Fundación e o Cabido da Catedral de Santiago, Novagalicia Banco, a Universidade de Santiago, así como a Cámara de Comercio da cidade e a Asociación de Hostalería, ademais da colaboración de distintas entidades xacobeas galegas.

Te puede interesar
Más en Sociedad