Veciños de Río coñecen as “mámoas” do seu concello

Participantes xunto a unha das mámoas de Vilardá, Río.
photo_camera Participantes xunto a unha das mámoas de Vilardá, Río.
San Xoán de Río conta cun conxunto tumular de aproximadamente 10 mámoas, maioritariamente na parroquia de Vilardá

As mámoas, estes antigos enterramentos característicos da época megalítica, eran coñecidos polos membros do proxecto de voluntariado interxeneracional que levan a cabo no concello, neste caso dentro da liña relacionada co turismo, onde organizaron unha ruta na que os de maior idade ensinaron ás xeracións máis novas a ubicación das mámoas.

O proxecto de Voluntariado Interxeracional está financiado pola Xunta, e tal e como suliñan desde a organización, “ten como obxetivo recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural, amosando as oportunidades de futuro á mocidade, mentres se recoñece a experiencia das persoas maiores”. Contan con actividades planificadas compartindo espazo novos e maiores.

Te puede interesar