UNIVERSITAS

Un aplauso para a Miteu, a edición con máis público

gal3_result
photo_camera Miteu.

Foron 15 días de programación, 35 actividades, 27 espectáculos teatrais de compañías de nove países e catro continentes.

Foron 15 días de programación, 35 actividades, 27 espectáculos teatrais de compañías de nove países e catro continentes. Houbo tempo para as propostas teatrais tradicionais, pero tamén para teatro infantil, de rúa, microteatro, danza, proxeccións, formación e moita máis programación. A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Miteu clausurouse o pasado xoves entregando os seus premios e facendo un balance moi positivo desta edición, na que se conmemoraron os seus 20 anos de traxectoria. Foi, apuntan os seus organizadores, a Miteu que máis público congregou.


“A valoración que facemos desta edición é moi boa. Houbo moita calidade nos espectáculos, con obras sorprendentes; un grande ambiente de festival, cunha mestura de compañías de diferentes países moi interesante, e moitos participantes que se marchan con moi bo sabor de boca, coa idea de que a Miteu é máis que unha mostra de teatro", explicaba Fernando Dacosta, director da mostra, antes da gala de clausura.

Te puede interesar
Más en Universitas