UNIVERSITAS

Forestales traballa na custodia do cabalo galego do monte

dsdee_result
photo_camera A conservación desta raza centra un estudo do grupo de investigación AF4.

Forma parte dun proxecto do grupo de investigación AF-4, financiado pola Fundación Biodiversidad

Coñecer o estado actual das poboacións da raza Cabalo Galego do Monte e deseñar medidas específicas para a súa conservación é o propósito central do proxecto de investigación que o grupo de investigación AF-4, da Escola de Enxeñaría Forestal, vai desenvolver ao longo do vindeiro ano na Serra do Cando e no Monte Cabalar. Seleccionado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, dentro da súa convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2015, este estudo comprende a avaliación dos “parámetros poboacionais de distribución, idades e sexos, así como a problemática territorial, sectorial e sanitaria” que supón esta especie nas áreas obxecto de estudo, co propósito de deseñar as “ferramentas necesarias para a súa conservación ao longo do tempo a través de acordos de custodia do territorio”, segundo sinala o director da EE Forestal e do grupo AF-4, Enrique Valero. 


O proxecto Estudo e conservación do Cabalo Galego do Monte a través de acordos de custodia do territorio na Serra do Cando e no Monte Cabalar foi presentado na Casa Consistorial de Cotobade por Valero e a investigadora Xana Álvarez, xunto co rexedor deste municipio, Jorge Cubela, e os alcaldes de Campo Lameiro Julio Sayáns, e Cerdedo, José Balseiros

Te puede interesar
Más en Universitas