DESFILE

Cita coa moda no Pazo da Cultura con Debut

A fundadora de Telva, Covadonga O’Shea, presidirá o xurado do desfile.

Pero como vén sendo habitual, nos días previos á celebración do desfile, o campus de Pontevedra acolle a destacados profesionais do deseño e moda nunha programación complementaria de obradoiros, conferencias e masters class. As actividades foron presentadas este xoves por Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Lola Dopico, directora de Esdemga, e Anxos Riveiro, concelleira de Cultura.

Dopico destacou que esta é a novena edición do desfile universitario, que en 2016 cumprirá unha década “como escaparate para comunicar o traballo que fan os nosos estudantes pero que tamén pretende facilitarlles o encontro co ámbito empresarial” cando están a piques de rematar os seus estudos.

Para facer isto posible, a directora de Esdemga agradeceu o apoio da Universidade de Vigo, do Concello de Pontevedra e todas as empresas e persoas involucradas e “sobre todo da cidade, que trata este evento cun cariño moi especial, que se implica cada ano máis en todas as actividades paralelas”. A concelleira Anxos Riveiro reafirmou ese apoio institucional a un acto que “nos permite ver, ano tras ano, a evolución de Esdemga” e lembrou que a moda é un sector que se está afianzando na cidade a todos os niveis e “a creación da escola supuxo o seu punto de partida”. O vicerreitor do campus, pola súa banda, cualificou Debut como “o acto social e académico por antonomasia en Pontevedra, cun gran recorrido e recoñecemento”.n

Te puede interesar
Más en Universitas