UNIVERSITAS

Realidades xeradas por “raias imaxinarias”

gal121_result
photo_camera Cancela, Corbacho, Varela e Riveiro, na presentación da mostra.

Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá os días 24 e 25 o I Congreso Internacional sobre Fronteiras Comparadas

As fronteiras son construcións sociais, políticas, administrativas e mesmo culturais, a partires das que os seres humanos comparten, cooperan, compiten ou mesmo viven en condicións asimétricas segundo estean dun ou doutro lado dunha raia imaxinaria marcada polos estados”. Deste xeito presenta o profesor Enrique Varela unha realidade, a dos espazos fronteirizos, que o drama dos refuxiados sirios volveu situar no primeiro plano da actualidade e que será obxecto de análise e debate no campus pontevedrés nas próximas semanas.

En primeiro termo, grazas á inauguración na Casa das Campás, da exposición Do Golfo ao Pacífico, unha mostra fotográfica sobre a fronteira entre México e Estados Unidos, promovida pola Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza G3, que se verá sucedida os días 24 e 25 polo I Congreso Internacional sobre Fronteiras Comparadas, que reunirá no campus a investigadores de España, México, Italia, Estados Unidos, Portugal ou Marrocos.

Impulsada polo Colegio de la Frontera Norte (Colef) mexicano, Do Golfo ao Pacífico, a exposición itinerante que poderá verse ata o 30 de setembro na sede da Vicerreitoría do campus foi presentada polos seus comisarios en Pontevedra, os profesores de CCSS e da Comunicación Celso Cancela e Enrique Varela, xunto co vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, e a concelleira de Cultura do Concellode Pontevedra, Anxos Riveiro.

Te puede interesar
Más en Universitas