Fixouse como reto máis importante as eleccións municipais do 2015

Isauro Pérez foi elixido presidente do PP trivés

Rodríguez Miranda, Manuel Baltar, Isauro Pérez y Rosendo Fernández.
Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal do PP en Trives, foi elixido novo presidente local dos populares desta localidade co 100% dos sufraxios emitidos polos compromisarios. Substitúe no cargo a Luis Álvarez González, que foi alcalde de Trives durante 23 anos e presidente local máis de dúas décadas.
O recén elixido responsable local do PP fixouse como reto máis importante as eleccións municipais de 2015, lembrando que nas de 2011 o PP quedou a tan só 14 votos da victoria.

'Pero no noso programa non só está ganar eleccións, senón estar coa xente, escoitar os seus problemas e intentar darlle solucións', afirmou Isauro Pérez. 'Sabemos que son tempos difíciles, unha grave crise económica e social e tamén de desgaste político, pois o noso partido ten que tomar decisións difíciles para sacar adiante o noso pais, e hai que explicarllo ao noso electorado. Confiamos no noso partido e nos nosos dirixentes'.

O presidente provincial, Manuel Baltar fixo especial fincapé na importancia das xuntas locais para o PPOU, 'o motor da forza política que máis se parece e na que máis confían os veciños desta provincia'. Asemade, lembrou que no Concello de Trives o PP forma o grupo maioritario, pero na oposición, loubando a encomiable labor dos populares fronte a un goberno en minoría.

Te puede interesar