O Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore da Unesco selecciona ós grupos

As negociacións do arte

Os compoñentes de Romanía na actuación en Castro Caldelas. (Foto: Martiño Pinal)
As Xornadas do Folclore requieren unha boa sincronía e organización. O Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore, amparado na Unesco, encárgase da selección para difundir as culturas populares do mundo.
Se vostede é seguidor das Xornadas de Folclore, supoño que nalgún momento terá pasado polo seu maxín algunha que outra cuestión sobre a procedencia, estadía e partida dos grupos na capital da provincia. Coma sempre, detrás de todo aquilo que funciona correctamente hai un traballo de organización moi exhaustivo, inapreciable ante os ollos directos do público pero sen o cal as xornadas nen sequera existirían. Agora que os grupos xa levan unha semana en Ourense, o final do festival está próximo e todo está correndo como se agardaba; o público puido comprobar unha vez máis que as negociacións funcionaron.

Pero, que negociacións? Como xestionan os organizadores das xornadas as chegadas dos grupos? Calquera pregunta que poida xurdir en torno a isto atopa a resposta en cinco letras: C.I.O.F.F. A cidade francesa de Confolens acolleu no ano 1970 a creación do Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore. Deste xeito a Unesco ampara un organismo que vive co claro obxectivo de protexer e difundir as culturas e tradicións populares do mundo. Dende entón foise perfilando unha estructura dividida por seccións rexionais que non sempre responden ós límites xeopolíticos dos continentes. E dentro de cada país, por exemplo en España, cada zona constitúe un circuíto. Ou cando menos, a base estructural é esa co fin de evitar que os grupos se movan moitos kilómetros, pero despois as rutas deberán adaptarse ás datas dos distintos festivais. Ourense, por exemplo, pertence ó circuíto Norte español (hai catro en todo o estado), pero pola proximidade temporal de celebración, comparte moitos grupos con Murcia ou diversos festivais andaluces. Así, adaptándose ás necesidades dos festivais máis grandes, tódolos que comparten ruta, adoitan compartir tamén grupos. E cal é a finalidade de todo isto? Pois nin máis nin menos que, entre todos, levar a cadanseu festival grupos de calidade. As Xornadas do Folclore ourensás constitúen un dos festivais máis grandes de España en canto a número de grupos, pero non todos proceden dun circuíto, senón que polo seu interese, adoita convidar algún grupo para que veña directamente aquí. Pero na maiora dos casos, os conxuntos non poden permitirse vir directamente e por iso entre varios festivais fan o posible para que a súa estadía mínima sexan un par de semanas.

Temos que agradecer pois, á Consello Internacional que ofreza folclore polo mundo e que lle dea ós grupos a posibilidade de coñecelo.

Ao ritmo dos mariachis de Jalisco

O Ballet mexicano da Universidade de Colina espertou onte a admiración do público de Castro Caldelas, onde as Xornadas programaron tamén as actuacións dos grupos de Filipinas, India e Romanía. A través do seu variado repertorio, os artistas ofreceron una mostra do folclore mexicano, pasando por danzas precolombinas, danzas indíxenas e danzas de influencias hispanas, sen omitir os famosos mariachis de Jalisco.

Pola súa banda, a agrupación da India, integrada polo grupo Shilpagya, fixo gala da súa mestría nunha actuación que implicou aos 70 membros do mesmo.

Creado no ano 1959, o grupo romanés Doina Timisului está constituído por estudantes das distintas facultades da Universidade de Timisoara. O seu obxectivo é a conseravción e difusión do folclore do país, para o que estudaron os bailes, as músicas, as cancións, os instru mentos e o vestiario tradicionais. E diso deixaron boa mostra en Castro Caldelas.

A praza maior de Viana foi escenario, pola súa parte, da actuación das agrupacións orxinarias de Filipinas, Armenia, Twain e República de Mari El. Esta última motivou a curiosidade dos veciños, que foron testemuñas do espectáculo dun grupo que recolle as tradicións de media ducia de etnias orixinarias da zona dos Urales.

Te puede interesar