O pregón de ‘Farruco’ abre o tempo de exaltación en Arnoia

Unha das citas gastronómicas máis antigas da provincia desenvolverase a partir de hoxe e ó longo desta fin de semana en Arnoia.
Trátase da ‘XXX Festa do Pemento’, que será inaugurada oficialmente ás oito da tarde coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; os conselleiros de Medio Rural, Samuel Juárez, e Educación, Jesús Vázquez, e o delegado territorial da Xunta e ex alcalde do municipio, Rogelio Martínez, entre outras autoridades.

O humorista compostelán Xosé Lois Bernal, máis coñecido como ‘Farruco’, será o encargado de dar lectura ó pregón de exaltación do festexo, acompañado polos acordes da banda de música ‘La Lira’ de Ribadavia. A partires desa mesma hora xa se poderán degustar os pementos fritidos no recinto feiral de A Queixeira e ata altas horas da madrugada.

Te puede interesar