Sempre hai novas que chegan tarde

Acompañado do meu Lucas Ronaldo ‘Roni’, afaenado coma sempre cos seus ‘cheiros’, atopeime con tres vellas amigas coas que facía unha boa tempada que non departía, e que me pareceu chegar no medio dunha discusión. Intereseime polo motivo dese ‘acaloramento’. Entón, a Xesusa de San Xurxo, que tiña o xornal na man, ensinoumo na páxina en que estaba aberto para que observara a información obxecto da polémica.
‘¡Explícanos esto que non o entendemos!’, dixo a Carme do Medio.

¡Raios e centellas!, pensei eu para os meus adentros. A sorpresa non viña dada pola información en sí, senón porque me sorprendeu que non estiveran comentando as esquelas, falando de pensións, tema favorito cando se chega a certas idades, ou ‘pondo a parir o Zapatero’, por exemplo.

‘¡Se está moi claro!’ lles dixen. Mais como me miraban en demanda de que ‘falara claro’, lin de novo en alto a información e comentámola. Despois dunhos intres de silencio, comenzaron a mirar unhas para as outras..., outra vez a min.... Parecía que ningunha quería romper o silencio. Coma se a explicación no fondo non era o que elas esperaban lles dixera. Elena da Pedra Alta, que en principio non parecía interesada, abriu a boca para balbucear algo, fixo coma un silencio e soltou baixiño, en ton melancólico apropiado para a ocasión: ‘¡Para algunhos chegou tarde!’ Todos a observamos. Pola súa mente deberían de estar pasando moitos episodios vividos. Se esa nova chegara unhos lustros antes, a súa vida posiblemente tivera momentos máis placenteiros.

¡As cousas son como son!, acertou a decir a Xesusa, que non terminou a frase porque a Carme apostillou ‘¡tampouco é ouro todo o que reluce!’.

Dei a conversa por finiquitada. Elas quedaban sentadas á beira do camiño, resguardadas por unha pequena sombra. O ‘Roni’ axitou o rabo porque se decatou de que podía explorar novos territorios, e cando me levantaba para seguilo, Elena, que parece ‘voltara’ do seu viaxe polo tempo, preguntou ‘¿E cómo é o chamamento deso que... ¡zas! ... se cura coa pastilla?’, ó tempo que facía un xesto explicativo coa man.

A Xesusa amosoulle a páxina do periódico e leulle-lo título: ‘Solución a la eyaculación precoz’.

Te puede interesar