Asunción Arias, presidenta do Camiño de Inverno, califica de natural este percorrido, cunha gran biodiversidade, non masíficado e tremendamente entrañable ao atravesar moitos núcleos de poboación que permiten coñecer as vivencias dos veciños e veciñas.
Ela misma o fixo coa entidade DisCamino que fai posible que persoas cunha minusvalía poidan cumplir o seu soño de facer o Camiño de Santiago. E ela, ao igual que tantos outros peregrinos, concordan en que facer un Camiño, dun modo ou outro, che cambia a vida. Fai que te atopes a ti mesmo e te demostres a túa forza. E, ao rematar, xa non sexas a mesma persoa que o iniciou.
Para mergullarnos de cheo no Camiño de Inverno, ubíquenos históricamente neste trazado.
É un camiño que xurde ao pouco tempo da ruta máis coñecida que é o Camiño Francés por unha cuestión meramente xeolóxica. Hai algo do que pouca xente ten conciencia, que é a de que o noso planeta está en constante cambio xeolóxico, e que o hemisferio norte sufriu varias glaciacións, sendo a última no século XVIII. Así, alturas como o Cebreiro eran imposibles de subir. Foron os templarios, custodiosos do Camiño, os que atoparon unha anterga ruta, a ruta da extracción do ouro que houbo tanto no Bierzo como en Valdeorras e no Val de Quiroga, que se coñecen como “ruina montium” (técnica de minería empregada polo imperio romano. Trátase dun método de enxeñería mediante a cal se emprega a forza da auga para derrubar grandes secións dunha montaña e poder así extraer os minerais que esta contén). Buscouse o discorrer das rutas naturais que pasan polas beiras dos ríos, e o gran río de Galicia é o Sil. Os templarios, sabedores desto, fixeron posible que todos os peregrinos que quedaban sen poder avanzar tanto en Vilafranca coma en Ponferrada, puidesen seguir o seu camiño. Os primeiros pola Ruta dos Arrieiros que vai dar a Rubiá, e os segundos pola Ruta do Ouro, que son as Médulas bercianas.
Cal é o percorrido que deben seguir os peregrinos?
De Ponferrada saen dúas vertentes do Camiño de Santiago, o Francés e o de Inverno. Na parte galega ambos son oficiais, pero no Bierzo aínda non está oficializado por parte da Junta de León. O de Inverno percorre toda a zona do Bierzo pasando polas Médulas ata Ponte de Domingo Flores que é onde remata a provincia de León e comeza Ourense. Sobradelo, Éntoma, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Montefurado, Quiroga, Monforte, Chantada, Rodeiro e Lalín, onde se une á Vía da Prata para entrar en Santiago.
O Camiño de Santiago é un deses traxectos cara Santiago que denominan “novos”. Cando empezaron vostedes a indagar nel, recuperalo e poñelo en valor?
A iniciativa na zona da Ribeira Sacra partiu da xa finada Aída Méndez, e en Valdeorras por parte de varias persoas, entre elas o catedrático de Historia Antiga, Ramón López Caneda, e Ramón García Rodríguez, Ragar. Tamén houbera en Ourense un encontro que propiciara Santa Mariña no ano 1999 e xa se aportara moita documentación e investigación que sustentaba a historia deste percorrido. É un camiño sumamente documentado grazas á información sacada do Instituto de Estudos Valdeorreses, -e onde aínda queda moita por sacar-. Algunha dela pertencente á biblioteca do Pazo do Castro que foi vendida en parte á Deputación de Ourense e en parte á Junta de León. E nesas estamos. En continuar coa investigación. Obtivemos moita información antes da súa oficialización, que foi no ano 2016, pero aínda hai que documentar máis o percorrido.
Que é o que máis destaca del?
É un Camiño impresionante. O único que percorre as catro provincias galegas cos catro microclimas característicos de Galicia. Cunha gran biodiversidade, xa só a nivel paisasístico. Outra dos puntos fortes é que é moi entrañable xa que atravesa moitos núcleos de poboación que fai que te atopes cos viciños e poidas gozar da súa sabiduría.
Non nego que é un camiño duro, pero a satisfacción e o gozo de cando o rematas, non hai palabras que o poidan descibrir. Agora mesmo temos en Galicia un verdadeiro camiño espiritual. Non está masificado. E iso faino máis auténtico. A natureza e os arumes están tan vivos que todo semella máxico.
Agora mesmo en que fase se atopa o Camiño de Inverno?
Ten que pasar a fase na que Patrimonio o consolida. En teoría son tres anos. Pero máis ben son tres anos en papel. Así que toca seguir agardando para decir que este camiño está consolidado como Camiño de Santiago, e tamén fixar o trazado definitivo.
É unha pregunta que seguro que escoita sempre, cantos peregrinos se rexistran neste Camiño?
Dareiche un dato. Acabo de coller un taxi na Rúa e dixome que os catro que hai, máis os que hai no Barco non dan feito a trasladar peregrinos. Ademais, hai unha empresa encargada de levar as mochilas que tamén está traballando moito. E iso é o máis significativo. O pasado ano a media foi entre 10-12 peregrinos diarios. Este ano saberémolo a finais de ano.
Algo que sempre preguntan e demandan os camiñantes é saber que tal é a sinalización e a posibilidade de aloxamento en albergues. Que pode decirnos neste senso?
Esixirlle a un recén nado que camiñe con tres meses, é ser incoherente. Así que, esixirlle a un camiño que se recuperou no ano 2016 estar á mesma altura que calquera dos outros camiños que levan anos, é non ter os pés na terra. Para que algo verdadeiramente medre e se converta nunha árbore forte, é preciso ter unha fonda raigame. Por iso é preciso coidalo, amalo, terlle moito cariño, darlle apertas, ser paciente, comprensivo… entón, porque lle esiximos tanto a un camiño que está nacendo?
Vostede viviu en primeira persoa este camiño coa colaboración de DisCamino. En primeiro lugar, que é esta entidade?
Eu son minusválida, coas súas complicacións. E DisCamino é un proxecto creado para facer posible que persoas con difrentes discapacidades fagan O Camiño de Santiago. Teño que agradecer infinitamente que exista DisCamino en Galicia. A súa calidade humana é a calidade humana que debería haber en cada un dos galegos e galegas que viven na nosa comunidade. É un equipo feito de grandes persoas. É amor incondicional.
A súa experiencia como foi?
Dura, falando claro. Entrenara moito, pero con todo, hai que dar un “do de peito”. Eu non me quero fallar nunca a mín mesma, e cando teño un propósito quero conseguilo. Mais, si que houbo un día que tiven que parar. O único. A medida que ían pasando os días ía medrando máis, gañando fortaleza. Cando es unha persoa cunha minusvalía coma mín, as pernas enfrían moito e quedan totalmente durmidas. Había momentos nos que me levantaba do triciclo e non as sentía.
Íamos un grupo que nos estábamos coñecendo e convivindo. Xente maravillosa. Xente que se acaba convertendo en amigos. E a amizade é o maior agasallo que podes facer. Eso non ten precio. E cando cheguei a Santiago… iso foi indescriptible.
Facer un camiño é un descubrimento. Non un descubrimento externo, senón interno. De como me respondo. Que dou de min. Que estou facendo para conseguilo. Como consegues verte a ti mesmo. E cando chegas a Santiago, ou a Fisterra, é cando te atopas a ti mesma.
Que diría para aqueles que se animen a facer o Camiño de Inverno?
Tanto neste como en calquera, que se respete. Que se entre nel e se deixe como se encontrou. Que se pense nos demais porque este camiño ten que durar tanto como a nosa nai Gaia, como a deusa Terra. Ten que ser eterno. Ultreia e Suseia.