As olas de Loñoá, no municipio do Pereiro de Aguiar foron as protagonistas da terceira edición da Festa Etnográfica. Tras dous anos de parón, a organización buscaba recuperar a popularidade que estaba acadando a celebración. E así o fixeron cun amplo programa de actividades para toda a familia, dende xogos populares a un roteiro teatralizado polas Olas de Loñoá.
Como é habitual nestas festas, a gastronomía, a música e o baile tamén tiveron un papel moi destacado. O obxectivo da Festa Etnográfica é o de reivindicar os oficios tradicionais da zona e que non se esquezan as raigames do Pereiro.