Os que foran seminaristas da promoción do curso do 1961 celebraron unha xuntanza para revivir aqueles tempos que compartiron no Seminario Menor da Inmaculada. Despois de 60 anos continúan realizando estas xuntanzas, coas que teñen percorrido diferentes localidades da provincia. Como non podía ser doutro xeito, o menú estivo formado a base de polbo e tamén degustaron varios tipos de carnes, regado todo con viño das Regadas e postres caseiros complementando con chupitos de licor café e herbas. Como é habitual, a xornada serviu para compartir lembranzas e poñerse ó día de como ten ido a vida de cada un dos compañeiros de pupitre.
Buscar
Más en VIDA
INICIATIVAS INNOVADORAS
Gift Shop, fusión única de creatividad y diversión
ESTÉTICA EN OURENSE
Araceli Villar, experiencias para sentirse únicos y cuidados
HOSTELERÍA EN OURENSE