Xornal Escolar

Ambientazo de despedida

photo_camera Os alumnos de 6º de primaria, do Ceip Filomena Dato.

Cos alumnos de 6º de primaria, do Ceip Filomena Dato, despedimos a primeira tempada do programa Xornal Escolar de Telemiño, espazo de moda entre os escolares de Ourense

O Ceip Filomena Dato é un colexio moi familiar. Durante o curso escolar a comunidade educativa realizan varias saídas e celebran varias conmemoracións: Nadal, Día da Paz, Entroido, Día das Letras Galegas...e acuden a diferentes xornadas de convivencia con outros colexios.


No último programa do Xornal Escolar de Telemiño participaron os 52 alumnos de 6º de primaria. Os co-prensentadores encargados de dirixir este espazo, xunto con Conchi Pérez a presentadora deste divertido programa, foron: Nerea López, Ainara Rodríguez y Gerardo Barge.
"O futuro son os nenos" e participar nesta iniciativa televisiva é para a concursante un pracer para eles e para o colexio. "Polos alumnos o que sexa" así se manifesta Gemma Atanes a directora do centro e atrevida concursante desta semana.
Superou con éxito as preguntas dos seus alumnos.


Que instrumento musical tocaba Louis Armstrong?
Tocaba a trompeta pero tamén manexaba a perfección outro instrumento natural que era a súa voz, que é o mellor instrumento que temos todos.


¿Sabes como se chaman os dous membros dos Beatles que siguen vivos?
Paul McCartney e o batería Ringo Starr


¿A que xogaban os compoñentes dos Beatles antes de actuar?
Fai pouco fixemos un traballo sobre os estilos de música, ese dato non o manexaba, pero en algún traballo deles vin que puxeron que antes dos concertos xogaban aos coches de carreiras.


Algunha vez se lle adicou o día das letras galegas á poetisa que da o nome ao noso colexio?
Non, solo se lle adicou a tres mulleres, Rosalia, Francisca Herrera e María Mariño. Por eso solicitamos que se lle adique o ano 2016 (naceu no 1856 e morre no 1926) Para animar esta iniciativa, fixemos páxina en facebook e chapas na feira de libro. Esperamos que nos escoiten. Intentamos animar aos Concellos de Ourense e Barbadás.


Está previsto que se coloquen máis pizarras dixitais?
Si, xa temos algunhas no colexio, a última foi na aula de inglés. Para o mes de outubro teremos en 5º e 6º de primaria catro pizarras dixitais interactivas.


Por que vai tanta calor nas aulas do último piso?

É verdade, a última planta foi a última que se fixo.Cando se inaugurou o centro no ano 1998 so tiña soto e primera planta.
Despois de dous cursos, no ano 2001, déuselle unha planta máis. Non existía a aula de música e a aula de inglés, fíxose pequeno o centro e a obra da nova planta, rematouse moi pronto. Non hai aillamento, no mes de setembro e xuño vai moita calor no piso de arriba.


¿De non ser mestra que traballo elixirías?
Gustariame ser médica. Estudaría medicina, é cuestión de poñerse.


¿Cuál é o teu instrumento favorito?
Son moitos instrumentos os que me gustan pero si teño que elexir un sería a guitarra.


Cal é a canción preferida e o grupo musical que máis lle gusta?
Teño moitas pero a miña preferida é Stairway to Heaven do grupo de rock Led Zeppelin. En canto ao grupo musical a min gústame o rock, o que máis me gusta é Metallica pero tamén os Suaves que son de Ourense. Nas clases vemos todos os rexistros musicais.
Un éxito máis, o último programa, desta tempaza, do xornal escolar de Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar