XORNAL ESCOLAR

O cole máis preto de todos

xunqueira 2_result
photo_camera Nenos do CEIP Padre Crespo.

Os alumnos do Ceip Padre Crespo inauguran, xunto ao seu director Xavier Pérez, o novo programa de Telemiño donde os nenos presentan o seu colexio e son os co-presentadores dun televisivo Xornal Escolar

Alumnos e profesores do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía inauguran o programa de Telemiño, Xornal Escolar, un novo espacio de actualidade escolar, onde os alumnos e alumnas de todos os centros de ensino da provincia terán a oportunidade de amosar as súas instalacións, ós seus compañeiros e profesores, as actividades que levan a cabo e incluso serán os que por primeira vez evalúen e sometan ós seus mestres a divertidas e interesantes preguntas e probas.

Casi medio cento de escolares de Educación Infantil e Primaria do colexio Padre Crespo acudiron ó plató  de Telemiño, sito no Polígono de San Cibrao de Viñas.

Patricia González, Iker Santos e Jorge Cid exerceron de co-presentadores do programa Xornal Escolar xunto a Conchi Pérez, encargada de dirixir este divertido espacio televisivo. O entrevistado foi o profesor Xavier Pérez Gallego, quen á su vez é o director do centro de ensino ourensán.  O docente demostrou ter un gran sentido do humor e superou con éxito cada unha das probas ás que foi sometido.

Días antes os alumnos recibiron ao equipo de Telemiño no colexio e presentaron as súas intalacións e as actividades que levan a cabo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante