AULAS ABERTAS

En contacto coa natureza

No ceip de punxín apostan por unha metodoloxía  de ensino basada na práctica e cada curso plantexan  un tema no que profundizar, este ano foi o patrimonio da zona

Once nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria conformaron este curso o alumnado do CEIP de Punxín. A profesora-titora, María Pereira, foi dende o mes de xaneiro a encargada de dirixir este grupo tras a baixa da mestra titular do centro, Pura Álvarez. Para esta importante labor contou coa axuda de cinco mestres itinerantes e especialistas en materias como son a Educación Física, Relixión, Música, Inglés ou a orientadora que acoden un día á semana ao centro para impartir as materias das que son expertos.

O colexio de Punxín é un edificio de grandes dimensións, fundado por emigrantes xa no ano 1923. Conta cun entorno privilexiado, rodeado dun ambiente natural do que diariamente fan uso os alumnos e alumnas deste centro, tanto para xogar no recreo como para traballar en temas relacionados co medio ambiente e ampliar os coñecementos teóricos adquiridos na aula. 

Entre os espazos que dispoñen no centro, contan cunha aula de grandes dimensións, onde maiores e pequenos comparten cada día as súas horas lectivas, unha das características deste centro é que os máis pequenos aprenden dos maiores e estes ao tempo coidan dos cativos e amplían tamén os seus coñecementos en múltiples facetas o que resulta do máis froitífero.

Seguindo a metodoloxía de ensino da profesora titular do centro, María Pereira traballou cos seus escolares este curso o tema do  patrimonio cultural, social e artístico co fin de que o alumnado coñeza o seu entorno, valore o seu patrimonio e aprenda a desfrutalo. Todos este obxectivos acádanse curso tras curso nas distintas temáticas que se plantexan e unha das claves é probablemente o carácter lúdico que se lle aplican ao aprendizaxe e as múltiples saídas e visitas coas que reforzan os coñecementos adquiridos na aula. Ademais de centrar cada curso nun tema, celebran con diversas actividades todas as datas festivas do calendario. Aprender no CEIP de Punxín é divertido e faise en equipo polo que os resultados son sempre máis positivos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar