XORNAL ESCOLAR

Corenta anos de historia

cartellepot_result
photo_camera O CEIP San Marcos de Cartelle.

O Ceip San Marcos de Cartelle está de aniversario, esta semana conmemoran cun festival o día das letras Galegas e os corenta anos do centro educativo de Cartelle

O Ceip San Marcos atópase emprazado en Cartelle, localidade do concello do mesmo nome. O Ceip San Marcos participa activamente na Coordinación Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Terra de Celanova - Baixa Limia, veñen de presentar o seu proxecto sobre as labores agrícolas na que participaron varios centros escolares con didácticos traballos realizados polos alumnos do Ceip de Cartelle, o Ceip de Bande,  o Ceip de Celanova e o Ies de Bande.

Cales son as señais de identidade do Ceip San Marcos de Cartelle?

Somos un centro que é coma unha gran familia. Atópase nun entorno rural no que hai moita cercanía entre os membros da Comunidade Educativa. Tódolos sectores titores, Anpa, Concello... están implicados na vida cotiá do Centro. Contamos con instalacións moi amplas, aulas e patios. Velar polo seu manteñemento e optimización do uso é unha das máximas do centro.

Actualmente, cales son as directrices nas que traballa?

Continuar as liñas marcadas nos últimos cursos: Estreita colaboración coas institucións mais cercanas no medio: Concello de Cartelle, Mancomunidade Terra de Celanova, Anpa do Centro, Cruz Vermella Asamblea de Celanova, continuar a realizar actividades conxuntas con centros próximos (coma o CEIP de Ramirás), continuar o traballo na Coordinadora Comarcal de Normalización da Lingua Terras de Celanova- Baixa Limia, seguir na mellora da Biblioteca do centro (dotación de fondos e de soportes audiovisuais), continuar participando en concursos, no deporte escolar, saídas e actividades complementarias atractivas para o alumnado.

Que servizos ofrece o centro escolar á comunidade educativa?

Desde o Ceip San Marcos ofrecemos o servizo de transporte e servizo de comedor (de xestión directa).

O centro cumpre 40 anos, que actividades estades  preparando para conmemorar esta data?

Trasladar o festival de fin de curso á Semana das Letras Galegas. Rememorar os corenta anos de andaina. Presentación de audiovisuais e exposicións de imaxes e traballos realizados no Centro. Convite aos membros da comunidade escolar, (tamén antigos alumnos) a un xantar de convivencia. Os nenos e nenas rematarán o día con xogos populares.

No Ceip San Marcos lévase anos traballando pola inclusión educativa dos alumnos con Neae, como valora o centro esta experiencia?

Nun principio aceptas a experiencia con moito respecto. Opino que se está a realizar un gran  traballo grazas ao alto grado de implicación dos profesionais especialistas e as familias, e ao tempo, ámbalas dúas partes deben estar ben coordinadas. A valoración co paso do tempo é moi positiva.

Brevemente, en que otros proxectos educativos participa o colexio?

O futuro é prometedor. Para o próximo curso hai un repunte da matrícula. Para seguir atendendo a tantos campos precisaremos nun futuro inmediato a incorporación de profesorado.

Que actividades extraescolares oferta o centro educativo despois de la xornada escolar?

Actividades patrocinadas dende o Concello de Cartelle: Informática e Gaita.
E actividades patrocinadas dende a ANPA: Patinaxe, Artes Marciais e Apoio. Unha vez ao trimestre organización dunha xornada cultural.

tportada_result

Jose Antonio González Rodríguez 8 anos no centro, 7 coma director. Mestre especialista en Educación Musical. Ademais da música imparte Lingua Galega e Castelá e Educación para a Cidadanía e Plástica.

rocio_result

Rocio Fernández Álvarez, Mestra Educación Infantil

Mestra dos alumnos de 4º, 5º e 6º de educación infantil na mesma aula, no Ceip San Marcos de Cartelle.

oscar_result

Oscar González Vázquez, Mestra Educación Física

Mestra dos alumnos de 4º, 5º e 6º de educación infantil na mesma aula, no Ceip San Marcos de Cartelle.

fe_result

Mª Fe Nieto Pereira, Mestra de Inglés

Mestra de Inglés. Responsable da Biblioteca escolar e titora do 2º grupo de primaria (alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria na mesma aula).

rosa_result

Rosa MºJusto González, Mestra de Pedagoxía            Terapéutica

Mestra dos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Responsable de Normalización Lingüística e encargada do comedor escolar.

aurora_result

Aurora Domínguez, Coidadora

Exerce as funcións de coidadora, do Ceip San Marcos, dos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante