Escolares de Salesianos aprenderon os decimais e manexaron os céntimos nunha interesante actividade lúdica
Son numerosas as actividades que se organizan de xeito paralelo ás clases no colexio María Auxiliadora de Ourense. Esta semana queremos destacar dúas delas por ser interesantes, á vez que divertidas. Un grupo de 5º de Primaria participou nun simulacro de supermercado. A finalidade desta actividade era traballar con números decimais e cos céntimos. Non faltou unha banca e caixa para pagar o que fixo que esta actividade interactiva fora divertida á vez que educativa.
Por outra banda salientar a escola de patinaxe en liña coa que conta Salesianos. Un total de 120 nenos e nenas forman parte desta escola e gozan de múltiples actividades ao longo do curso, a máis recente foi a de Samaín, disfrazáronse e maquilláronse e luciron guapísimos sobre os patíns, aportando así un tono simpático a unha das sesións de adestramento semanal.