A PRESENTACIÓN

Estupendo ambiente familiar

Baños de Molgas. 09-03-16. Xornal escolar. Grabación do programa no colexio de Baños de Molgas.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Fachada do CEIP de Baños de Molgas, un centro de ensino de amplas dimensións.

Os membros da comunidade educativa do CEIP Baños de Molgas contan cunha relación moi estreita o que permite facer un perfecto seguemento da evolución dos escolares e detectar a tempo calquer problema

O CEIP Baños de Molgas está ubicado na comarca de Allariz-Maceda. Moi ben situado está o centro de ensino de referencia no municipio onde este curso contan cun total de 36 alumnos e alumnas, repartidos nas modalidades educativas de Educación Infantil e Primaria. Ao seu coidado e velando pola súas formación integral están un total de seis profesores especialistas nas distintas materias que se imparten en cada curso.
O centro de ensino conta cunhas amplas dimensións e esto débese principalmente a que nun principio fíxose coa idea de acoller a escolares chegados desde dous concellos da comarca. Na actualidade só veñen nenos e nenas de Baños de Molgas. Aínda que se trata dun edificio antigo, está en contínua renovación co fin de facelo máis moderno e acolledor. 

Ademais das aulas propias de cada curso, o colexio de Baños de Molgas contan con aula de informática, de psicomotricidade, de música, ximnasio interior, biblioteca e sala de usos múltiples, entre outros espazos compartidos nos que os escolares levan a cabo actividades cun carácter máis práctico. No tocante á zona exterior do colexio, dispoñen de amplos patios de recreo con areeiros e canchas renovadas para que os escolares poidan desfrutar de todo tipo de actividades deportivas e xogos nos seus momentos de lecer.

No que se refire aos servizos que ofrece este colexio aos seus alumnos destaca o transporte escolar, onde dispoñen de acompañante e o servizo de comerdor escolar, onde contan con cociñeira propia, chámase Lidia e é a encargada de elaborar deliciosos e saudables menús diariamente.

Ademais dunhas magníficas e amplas instalacións, o CEIP Baños de Molgas destaca por contar cun ambiente familiar que se pode apreciar entre todos os membros da comunidade educativa, tanto profesores como pais e escolares. Todos se coñecen á perfección e detectan calquer problema dos nenos ou das familias con inmediatez, un aspecto que permite que se axuden mellor dende un primer momento. Os pequenos roces que poidan surxir soluciónanse falando e restaurando a amizade que debe reinar entre todos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante