XORNAL ESCOLAR

Estupendo premio aos mellores reporteiros

Actividades xornal escolar en portugal,aventura
28-10-16
photo_camera Os participantes na excursión ao parque de aventura amosáronse encantados coa experiencia.

Máis de 60 escolares acompañados polos seus mestres gozaron dun día completo de actividades entre as que destacaron "Diverkids", dúas tirolinas, dúas "Minas Labirintos Subterráneos" ou "Pontes Colgantes"

Os gañadores do III Concurso Xornalistas na Escola compartiron unha estupenda xornada de ocio en DiverLanhoso, un dos parques de aventura máis grandes da Península Ibérica, xentileza de La Región.

Máis de 60 escolares acompañados polos seus mestres gozaron dun día completo de actividades entre as que destacaron "Diverkids", dúas tirolinas, dúas "Minas Labirintos Subterráneos" ou "Pontes Colgantes", acompañados en todo momento por monitores especializados. Os escolares ourensáns pasáronno en grande durante todo o día.

Tras as actividades da mañá, compartiron unha comida, tratábase do "Menú Natureza", no Restaurante Panorámico do parque, ubicado no punto máis alto do complexo, un espazo único, cunhas magníficas vistas e construido con troncos de madeira.

Tras o almorzo, continuaron as actividades de ocio ata o serán, momento no que un autobús trouxo de volta aos escolares a Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar