XORNAL ESCOLAR

Executores do seu propio programa

photo_camera Alumnos do colexio Divina Pastora de O Barco de Valdeorras.

Os escolares de O Barco foron os encargados de gravar e presentar o Xornal Escolar no que foron os protagonistas

O que nun principio ía ser soamente unha visita ás instalacións de Telemiño, converteuse nunha fantástica experiencia para os escolares de 3º e 4º do colexio Divina Pastora de O Barco. Ao chegar ás instalacións de La Región e Telemiño visitaron a redacción do xornal e o departamente comercial, onde lles explicaron o funcionamente do diario local. A continuación tomaron os mandos.

Escolleuse aos presentadores, aos cámaras, expertos de sonido e luces e comezouse a gravar. eso sí os propios escolares foron os encargados de facelo tras unhas previas indicacións.Non podían vivir mellor experiencia, xa que parte do alumnado está a estudar Tecnoloxía da Información e Comunicación e non hai mellor maneira de saber como funciona un medio de comunicación que facelo e eles tiveron a oportunidade.

Ao chegar ao plató presentaron novas e amosaron as súas calidades diante das cámaras. Quen sabe se algún dos estudantes será nun futuro xornalista de La Región ou de Telemiño!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar