A PRESENTACIÓN

Exitosa coordinación

O colexio Mestre Vide é un centro educativo no que todo o profesorado está moi implicado na atención dos alumnos e das familias 

No Ceip Mestre Vide hai dúas liñas en cada curso de Educación Infantil e Educación Primaria, cerca de medio millar de alumnos conviven neste centro educativo da cidade de Ourense. 

Un centro moi ben dotado, conta con atención temperá e servizo de comedor con 150 prazas. Levan a cabo a acción educativa por medio dos máis innovadores sistemas e métodos de ensinanza-aprendizaxe. Caracterízanse pola multitude de actividades extraescolares que ofertan ao alumnado: clube Mestre Vide de fútbol, Escola de Ximnasia rítmica "Maruxia", Escola de Patinaxe, Robótica, Xadrez...ata 30 actividades.
Todas as aulas do CEIP Mestre Vide contan con pantalla dixital, proxector e ordenador, unha aula de informática con 25 postos, biblioteca e pavillón propio. Alquilan o pavillón da comisaría e tamén teñen á súa disposición, en horario escolar, o da casa da xuventude.

Conta cunhas excelentes, modernas e amplas instalacións totalmente deseñadas e equipadas tanto para a actividade docente e educativa como para a aprendizaxe e práctica de actividades deportivas en diversas disciplinas.
Destacar que teñen tamén dúas seccións bilingües, en 5º e 6º de Educación Primaria, para Educación Plástica e Inglés. Neste curso o centro está a traballar na adquisición dun desfibrilador mediante un programa de compra de pulseiras que levan vendendo dende hai un ano.

Tamén teñen previsto cambiar o chan de madeira no pavillón e colocar céspede artificial no lugar de xogo dos máis pequenos do colexio. A implicación da Anpa, o esforzo e ilusión coa que traballa toda a comunidade educativa e a coordinación entre todo o profesorado, das dúas etapas educativas, fai que o CEIP Mestre Vide forme pesoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.

Este colexio ofrece unha atención individualizada adaptada ás necesidades que precise cada alumno. O departamento de Orientación do CEIP Mestre Vide conta con tres mestres de Pedagoxía Terapéutica dous mestres de Audición e Linguaxe e doce titores.

Variedade  de recursos

Sara presentou o seu colexio, un centro educativo de tres pisos. No primeiro piso están os alumnos de Educación Infantil.  No segundo piso están os estudantes de 1º, 2º, e 3º de Educación Primaria. No terceiro e último, como de costume, está 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Sara destacou o Pavillón, a Biblioteca e sala de Informática do centro educativo. Celia de 5º B presentou a súa clase, unha aula moi dinámica e divertida. Son todos moi bos compañeiros e encántalles ir á biblioteca, onde cada novo libro que abren é unha nova aventura.

Tamén nos ensinaron creacións propias do día da Paz, fermosos traballos moi orixinais e creativos. 

En 5º A, os 26 alumnnos desta clase, estaban a traballar nun proxecto sobre as legumes, este é o ano internacional das legumes.  Tamén visitamos o recreo, é o momento preferido da maioria dos alumos, están separados por idades para favorecer o xogo.

Aroa de 5 anos, 6ºB de Educación Infantil, mostrounos a súa clase e a todos os seus compañeiros que estaban encantados de ter ás cámaras de Telemiño na aula.
No pavillón é donde realizan as clases de Educación física e practican unha gran variedade de deportes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar