AULAS ABERTAS

Expertos dobradores de Bob Esponja

photo_camera O grupo posa na entrada de La Región.

Escolares de 6º de primaria do CEIP Amadeo R. Barroso acudiron ao plató de Telemiño para falar da actividade de Dobraxe Cinematográfica e doutras interesantes propostas nas que participan

"Unha experiencia moi divertida coa que aprendemos moito". Así falaron os escolares de 6º A e B de Primaria da actividade Dobraxe Cinematográfica no plató de Telemiño. Máis dunha trintena de nenos e nenas acudiron ao programa Xornal Escolar para falar desta e doutras moitas actividades nas que están a participar este curso escolar e que están a resultar moi frutíferas. Hugo, André e Lúa exerceron de copresentadores e compartiron, xunto a súa mestra Yolanda, uns minutos do máis divertidos no plató de televisión. 

Durante as intervencións dos copresentadores, falaron da súa experiencia no mundo da dobraxe, neste caso dobraron ao querido personaxe animado Bob Esponja e fixeron unha pequena demostración durante o programa.

Tras as presentacións, tanto dos asistentes como do vídeo que se gravou previamente no colexio, a profesora Yolanda valorou a actividade como moi positiva en varios aspectos do coñecemento e tamén como unha ferramenta perfecta para traballar valores tan importantes como o traballo en equipo ou o compañeirismo.


Latricar


A sección de "Latricar" desta semana incluiu unha valoración dos escolares sobre a actividade de dobraxe organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense. Opinaron sobre o que máis e menos lles gustou, pero a valoración xeral foi moi boa.


Ler a prensa 


Tamén foron os escolares do Amadro Rodríguez Barroso os encargados de ler a prensa esta semana, unha ferramenta que empregan habitualmente na aula. Tamén falaron do suplemento Xornal Escoalr de La Región, que semanalmente consultan e moitas veces foron protagonistas das súas páxinas. 


Outras actividades


Aproveitando a participación dos escolares de 6º de Primaria no programa educativo Xornal Escolar, os copresentadores foron os encargados de destacar outras actividades, ademais da de Dobraxe Cinematrográfica, nas que participan este curso. Así, Hugo, lembrou que participaron nun concurso do Círculo Poérico Ourenano, un certame de poesía no que moitos escolares do Amadeo R Barroso resultaron premiados.

Pola súa banda e como experto en matemáticas, André falou da participación do seu cole no Rebumbio Matemático, outro concurso que se celebrou en Ourense e onde os escolares deben resolver unha serie de problemas. Para rematar, Lúa quixo mencionar tamén que este mes, coincidindo co Mes do Libro, os maiores do cole están a ler e interpretar contos aos máis cativos. Trátase dunha experiencia que está a ser todo un éxito e coa que todos están a aprender moito.


Viaqua


Viaqua continúa invertindo en educación e nesta ocasión propón unhas visitas aos centros de ensino. Nesta ocasión desprazáronse ao CEIP Albino Núñez, onde falaron do ciclo urbán da auga na sección AugaEscola.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante