XORNAL ESCOLAR

Formando persoas comprometidas

Ourense. 15-12-15. Xornal Escolar. Grabación programa xornal escolar no Luis Vives.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Reporteros por un día.

"O profesorado está moi implicado en todas as actividades e servizos do centro"

O colexio Luis Vives conta cunha amplísima traxectoria, concretamente 18 anos na súa ubicación actual, pero anteriormente xa funcionaba como centro de ensino na Avenida de Portugal de Ourense. Nestes todos anos, o  principal obxectivo da dirección do centro foi o de formar a persoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade. O que caracteriza a este colexio é ofrecer unha educación personalizada como alternativa fundamental para o desenrolo dun proceso de ensino-aprendizaxe óptimo. 
  

Unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o esforzo, o respecto, a ilusión e o compromiso son os nosos obxectivos principais. 

É salientable a implicación do profesorado nas actividades e servizos do centro (gardería, comerdor, etc) e a relación que existe coas familias, cunha estreita colaboración coa ANPA para a realización de actividades conxuntas. Tamén a salientable a colaboración con Universidades e cebtris de ensino para a formación  de futuros mestres xa que acoden numerosos alumnos de prácticas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante