XORNAL ESCOLAR

From Ourense to the world

padre
photo_camera La fachada del Colegio Padre Feijóo Zorelle.

O CPR Padre Feijoo Zorelle dispón dun blog exclusivo para o proxecto que se actualiza cada vez que se envía ou recibe unha tarxeta

O CPR Padre Feijoo acaba de presentar o proxecto "From Ourense to the World: Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle" como surxe esta idea?

Esta idea xurdíu a finais do curso pasado, logo de descubrir un sitio web de intercambio de tarxetas postais entre usuarios de calquera punto do planeta, Postcrossing. Conscientes do potencial desta actividade, decidimos crear unha conta colectiva para poder enviar e recibir tarxetas usando a dirección postal do centro.

Desde cando están a traballar e en qué consiste este proxecto?

O proxecto comenzou a concretizarse en setembro, nos claustros de principio de curso. O primeiro paso consiste en enviar tarxetas postais de Ourense e provincia en inglés a diferentes países á vez que se reciben tarxetas postais de varios puntos do planeta. Ademais de escribir as tarxetas, alumnos da ESO e de bacharelato investigan sobre o destino e a procedencia de cada tarxeta enviada e recibida, respectivamente, e publican os seus achádegos en inglés no blog do proxecto. Asemade, estes alumnos acoden ás aulas de primaria para compartir cos compañeiros información acerca dos lugares explorados así como dos lugares de Ourense e provincia que aparecen en cada postal enviada.

Cal sería o obxectivo principal?

O obxectivo principal é axudar aos alumnos a usar o inglés de forma significativa, sendo conscientes do seu valor como lingua internacional ao tempo que amplían os seus coñecementos de xeografía física e política, historia, cultura e ciencia. Á súa vez, o proxecto ofrece aos alumnos unha oportunidade única para valorar e dar a coñecer o patrimonio cultural e natural de Ourense e provincia.

A que cursos está dirixido e cantos alumnos participan?

Todos os alumnos participan no proxecto en diferentes tipos de actividades: os alumnos da ESO e bacharelato son os encargados de escribir as tarxetas e de buscar, seleccionar e difundir información de interese en diferentes formatos sobre Ourense e os lugares de destino e procedencia das tarxetas postais. Os alumnos de infantil e primaria, ademais de aprender dos seus compañeros, participan no proxecto creando tarxetas sobre Ourense para o seu posterior envío. Os membros do coro do colexio tamén colaboran interpretando unha canción para o proxecto e son os encargados de difundir información acerca da música tradicional de Ourense y das diferentes cidades do mundo que figuran no proxecto.

Que departamentos colaboran?

O departamento de inglés é o que coordina o envío e a  recepción das tarxetas e a posterior difusión da información. Todos os departamentos colaboran para o bo funcionamiento do proxecto pero aqueles que o fan de forma asidua son os departamentos de xeografía e historia e de lingua e literatura galega, o departamento de plástica, o departamento de bioloxía e xeoloxía e o departamento de música.

A pouco máis dun mes, a cantos países chegastes xa?

Ata o momento o proxecto ten chegado a un total de 12 países. Temos enviado un total de 14 postais: 2 a Estados Unidos, 2 a Rusia, 2 a China, 2 a Holanda, 2 a Alemaña, 2 a Turquía e 1 a Taiwan e Bielorrusia.  Temos recibido 11 postais: 3 de Alemaña, 2 de Holanda e 1 de Singapur, India, Finlandia, Estados Unidos, Turquía e Rusia.

Que repercusión ten para Ourense e a provincia?

A repercusión está a ser enorme. Cada unha das tarxetas enviadas amosa e explica en inglés un lugar de interese de Ourense ou da provincia. Ademais, os remitentes das tarxetas que recibimos len previamente o perfil do centro na internet, no que lles remitimos ao blog del proxecto. Neste blog atopan unha sección “Discover our hometown” con información detallada acerca de Ourense e provincia, que se actualiza cada vez que enviamos unha tarxeta. As máis de 6000 visitas ao blog en pouco máis dun mes evidencian a súa repercusión. 

PROFESORES

Ourense. 05-11-15. Xornal Escolar. Reportaxe para o Xornal Escolar do Colexio Zorelle Padre Feijoo.HonoratoFoto: Xesús FariñasHonorato Losada, o director

Honorato Losada Zorelle, asume a dirección do Cpr Padre Feijoo Zorelle no ano 1979.  Imparte xeografía e historia e cultura clásica na Educación Secuendaria Obligatoria.

analosada_result

Ana María Losada Pérez, asesosra pedagóxica

Ana é membro do consello escolar, coordinadora do Festival do Libro do colexio e encargada da xestión de contidos do centro na rede.

Ourense. 05-11-15. Xornal Escolar. Reportaxe para o Xornal Escolar do Colexio Zorelle Padre Feijoo.Beatriz TemesFoto: Xesús Fariñas

Beatriz Temes, Profesora de Bioloxía e Xeoloxía na ESO

Beatriz tamén é a xefa de estudos e coordinadora do proxecto “Ciencia Activa”, galardoado o pasado mes de xuño coa peonza de bronce no concurso estatal “Espiral Edublogs”.

Ourense. 05-11-15. Xornal Escolar. Reportaxe para o Xornal Escolar do Colexio Zorelle Padre Feijoo.Eva PousaFoto: Xesús Fariñas

Eva Pousa Quelle, xefa do departamento de Inglés

Coordinadora das sección bilingües do centro nas materias de plástica e educación física. É a responsable dunha canle de podcasts semanal dos alumnos da ESO e Bacharelato, “Live From Padre Feijoo-Zorelle” e a coordinadora dun proxecto en etwinning, “Tasting cultures”.

Ourense. 05-11-15. Xornal Escolar. Reportaxe para o Xornal Escolar do Colexio Zorelle Padre Feijoo.Maria José NovoFoto: Xesús Fariñas

María José Novo, titora dos alumnos de 6º de educación infantil

María é coordinadora de educación infantil, profesora de música en primaria e directora do coro do colexio, co que ten participado en numerosos proxectos e festivais.

Ourense. 05-11-15. Xornal Escolar. Reportaxe para o Xornal Escolar do Colexio Zorelle Padre Feijoo.Maria Jesús CorralFoto: Xesús Fariñas

María Jesús Corral, profesora de Xeografía e Historia

María Jesús é coordinadora da ESO e profesora de xeografía e historia en educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar