XORNAL ESCOLAR

Gran experiencia televisiva

photo_camera El plató de Telemiño con los escolares del colegio Miraflores.

Os alumnos de 3º e 4º de educación primaria e o seu mestre, Javier Carnero, do colexio
Plurilingüe Miraflores, disfrutaron da gravación do programa Xornal Escolar de Telemiño

O Colexio Plurilingüe Miraflores persegue o desenvolvemento integral dos seus alumnos, para que, cunha visión crítica e transformadora, sexan capaces de afrontar os retos da realidade na que viven.

O concursante desta semana é Javier Carnero Valcárcel, un mestre moi dinámico e divertido, que valora moito a unión e compañeirismo de todos os profesores do centro. Destaca a gran familia que forman, pasando gran parte do día no centro escolar e a implicación das familias: día da paz cos avós, teatro de pais e nais, concerto solidario e cruce de libros...entre outras. Alumnos, familias e mestres son un gran equipo.

Javier Carnero respondeu a unha serie de preguntas que os alumnos tiñan preparadas con anterioridade e superou todas as probas que consisitían en adiviñanar personaxes, obxectos e accións. As pistas foron gravadas con anterioridade no centro escolar o mesmo día que nos presentaron as instalacións do colexio. As preguntas formuladas estan diferenciadas en tres bloques: preguntas de cultura xeral, preguntas do colexio e preguntas persoais.
Comezamos!

Que é un ebook?

Un libro dixital.

Cantos títulos ten o teu equipo favorito?

Eu non son moi futboleiro. Pero o meu equipo de fútbol favorito é o Deportivo da Coruña. Ten unha Liga, duas Copas do Rei e unha Intertoto. Marta recordoulle que ten sete: unha Intertoto, unha Liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España. Javier olvidouse das Supercopas.

Quen gañou máis veces o Tour de Francia?

Armstrong, o que pasa e que penso que está anulado, eu vou dicir Indurain.

MUSEO FEITO POLOS ALUMNOS

Cantos anos levas impartindo clases no noso colexio?

Levo oito anos dando clases no colexio, e estou moi contento. Teño uns compañeiros estupendos.

Por que escolliches ser profesor?

A miña nai é mestra, a miña muller tamén. Sempre me gustou a docencia, dende neno estaba en contacto co mundo educativo e sempre quixen ser mestre.

LADO PERSOAL

Que é o que máis che gusta do colexio?

As instalacións, é o que máis chama a atención pero son os compañeiros o que máis me gusta, son moi bos todos, sen eles o colexio non sería o que é. Hai moita unión entre todos. Con estas preguntas que lle formularon ao seu mestre, os alumnos do colexio Plurilingue Miraflores de Ourense, remataron o cuestionario e a súa participación no programa de Telemiño "Xornal Escolar", compartiron momentos moi divertidos. O máis salientable foi comprobar a grande familia que son alumnos e profesores do centro, están moi unidos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante