O meu cole chámase...

Marcos Valcárcel

Ourense, a súa terra

xornalescolar_1602_valcarcel_03

Marcos Valcárcel naceu en Ourense en 1958 e na cidade estivo toda a súa vida, agás durante a súa etapa de estudiante en Santiago de Compostela. Foi na capital galega onde se licenciou en Historia e onde obtivo o seu doutoramento, especializándose na rama contemporánea relativa a Galicia. Foi o eido do galeguismo e as primeiras décadas do século XX ás que adicou o seu maior interese. Valcárcel foi tamén xornalista, colaborando de xeito habitual co xornal La Región. O autor faleceu na súa cidade no ano 2010, deixando un importante legado cultural e unha forte impronta na vida social ourensá.

Vocación docente

xornalescolar_1602_valcarcel_01

A pesar de que durante a súa vida estivo moi presente na cultura e na sociedade de Ourense, a vida laboral de Marcos Valcárcel centrouse no ensino, impartindo clases de Historia nos ciclos de Educación Secundaria en diferentes institutos da cidade. Foi o centro da Carballeira -antes de se converter en centro de Formación Profesional de xeito exclusivo- o seu último destino antes de enfermar. Por iso, a comunidade educativa ourensá decidiu nomear este centro CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, para ter a súa figura sempre presente no centro.

Impronta cultural

xornalescolar_1602_valcarcel_02

Nos seus 52 anos de vida, Marcos Valcárcel tivo unha forte presencia activa na cultura ourensá. Aquí foi membro de diferentes asociacións e colectivos, se ben salienta a súa participación na fundación do clube Alexandre Bóveda. Estudioso dos grandes personaxes da provincia como Otero Pedrayo ou Xaquín Lorenzo, a Deputación Provincial acordou facerlle unha homenaxe permanente dándolle o seu nome ó centro cultural, ata aquel momento coñecido popularmente coma Simeón. Hoxe, Marcos Valcárcel agarima coa súa lembranza a un dos epicentros da actividade cultural.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante