XORNAL ESCOLAR

Monster Times, un traballo tecnolóxico e de ciencias aplicadas

Escolares de 4º de ESO realizaron o traballo xornalístico baixo a supervisión de Fátima Troitiño

Escolares de 4º de ESO, autores de "Monster Times", acompañados pola súa mestra, estaban encantados coa nova de que foron os gañadores da súa categoría.
Escolares de 4º de ESO, autores de "Monster Times", acompañados pola súa mestra, estaban encantados coa nova de que foron os gañadores da súa categoría.
Monster Times, un traballo tecnolóxico e de ciencias aplicadas

Escolares de 4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón de Celanova gañaron o concurso Xornalistas na Escola da súa categoría. Recibiron a nova con ledicia e con certa incredulidade xa que non o agardaban.

O traballo seleccionado foi Monster Times, un fabuloso xornal escolar que elaboraron baixo a supervisión de Fátima Troitiño. Traballaron en grupo, concretamente en parexas, e cada un se ocupou dunha parte. Nesta actividade traballaron os contido de Tecnoloxía e Ciencias Aplicadas. Profundizaron no tratamento de imaxes, no retoque fotográfico e na robótica, así como na reciclaxe. Ademais de profundizar nestes aspectos da aprendizaxe, a actividade serviu tamén para fomentar a colaboración e o traballo en equipo entre os alumnos e alumnas. A actividade foi un éxito e todos están encantados co recoñecemento e co resultado do seu traballo.