XORNAL ESCOLAR

Na aula facemos familia

Ourense. 10-04-15. Xornal Escolar. Grabación do programa de Xornal Escolar no colexio das Franciscanas.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Grabación do programa de Xornal Escolar no colexio das Franciscanas.

Este é o lema da clase de 4ºA do colexio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas. Os concursantes desta semana do programa Xornal Escolar de Telemiño, ensináronnos o seu centro escolar

Esta semana o espazo de Telemiño "Xornal Escolar", que permite coñecer de cerca aos centros de ensino de Ourense, contou coa visita do colexio Plurilingue Divina Pastora - Franciscanas. O novo programa de Telemiño é un concurso no que o concursante é un mestre ou profesor do centro que non coñece o contido das gravacións no centro nin as preguntas que preparan os alumnos. Tres alumnos serán copresentadores que xunto coa presentadora Conchi Pérez presentarán este espazo de moda en Ourense.

A identidade deste centro escolar definese en primeiro lugar como familia, e esa foi a sensación que nos transmitiron durante a gravación no colexio e tamén na visitá para concursar no plató de Telemiño, unha gran familia.

Os alumnos que representaban ao colexio foron os de 4ºA, grandes profesionais da comunicación, uns fabulosos xornalistas e moi responsables nas tarefas encomendadas. Ensinaronnos orgullosos o seu magnífico centro escolar. Os sorrisos e a naturalidade foi unha constante entre todos, disfrutaron da finalidade deste espazo que é que os alumnos coñezan o proceso de gravación dun programa de televisión, participando, ademais, nas tarefas de realización. O primeiro contacto co mundo da televisión foi todo un éxito para a mestra e os alumnos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar