XORNAL ESCOLAR

Novas cita dos Bolechas

Os Bolechas actuarán na Casa da Cultura de Ribadavia o 10 de outubro e ao día seguinte esatarán en Celanova e Barbadás

A Casa da Cultura de Ribadavia acolle o sábado, día 10 de outubro, o espectáculo infantil titulado: Os Bolechas na Máquina do Tempo. Nesta función, os famosos Bolechas deseñados por Pepe Carreiro veranse  enredados nunha nova viaxe chea de aventuras e diversión dirixida a nenos de entre 4 e 8 anos. A función está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que ten como obxectivo promover o uso e a valoración positiva da lingua galega, especialmente entre a infancia e a mocidade. O día seguinte, o día 11 de outubro, Os Bolechas estarán tamén en Celanova e Barbadás.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante