XORNAL ESCOLAR

Paleontólogos en terras limianas

Lupas, martelos ou improvisados gorriños feitos de papel foron algúns dos utensilios que os escolares empregaron na súa actividade de paleontoloxía

Hai uns días, os nenos e nenas de catro anos do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia participaron nunha interesante actividades que resultou ser do máis froitífera e óptima para adquirir conceptos dun xeito ameno e maioritariamente práctico. Tratábase dunha actividade de Paleontoloxía para a que os escolares acudiron perfectamente vestidos para a ocasión e contaron con todo o material preciso para o perfecto estudo dos seres orgánicos que habitaron na terra en épocas pasadas e que os seus restos se atopan fósiles.

Previamente, os alumnos acompañados polas súas profesoras estudiaron o mundo dos dinosaurios e para finalizar este interesante proxecto exerceron de paleontólogos, unha experiencia única coa que o pasaron todos en grande e incluso realizaron unha excavación no areeiro  da escola.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante