Os nenos contan con actividades especialmente pensadas para eles, como foi o caso do recente Obradoiro de Repostería Entroideira que acolleu a Casa da Xuventude
A Concellería de Cultura do Concello de Barbadás presentou un amplo programa de actividades lúdicas de Entroido. Entre as propostas, que arrancaron este pasado sábado e que se prolongarán ata o 9 de febreiro, sucederanse todo tipo de citas relacionadas con esta popular celebración en varios puntos do Concello.
Os nenos contan con actividades especialmente pensadas para eles, como foi o caso do recente Obradoiro de Repostería Entroideira que acolleu a Casa da Xuventude e que estaba destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
Deste xeito os cativos divertíronse moito elaborando eles mesmos unha serie de postres e tomando boa nota dos ingredientes precisos para cada un deles. Coa axuda duns monitores pasaron un bo rato e aprenderon uns trucos de cociña que a bo seguro compartirán estes días coa familia co fin de engadirlle un aspecto doce a esta festa que está a piques de comezar.