CENTRO
Telemiño
NIVEL
7-10 anos
ÁREA
Expresión plástica
ACTIVIDADE:
Soporte para teléfono móbil
MATERIAL:
Tubo do papel hixiénico (material a reciclar), chinchetas, celo ou papel de cores, cutter ou tesoiras e un lápis.
FINALIDADE
Estimular a creatividad e a reciclaxe.
PASO A PASO
Dun xeito moi doado esta semana aprenderemos a elaborar un soporte para o noso teléfono móbil. O primeiro que faremos é coller un tubo de papel hixiénico e decoralo ao noso gusto co papel que escollamos. Despois, coa axuda das tesoiras ou do cutter, faremos un oco axeitado ao noso móbil. Colocaremos as chinchetas como vemos na imaxe e xa temos un magnífico soporte.