XORNAL ESCOLAR

Xuntanza festiva

20160606123219171_result
photo_camera Os alumnos dos dous centros educatios realizan unha foto ao finalizar a convivencia.

Todos os estudantes, agrupados por cursos, realizaron diferentes xogos deportivos no patio do centro educativo.

O CEIP San Marcos de Cartelle ven de organizar unha exitosa conviviencia co colexio Rogelio García Yáñez de Ramirás. Ambos centros educativos gozaron dunha marabillosa convivencia escolar que consistíu nunha xornada completa de actividades, xogos, festival e un sabroso xantar preparado pola cociñeira do colexio de Cartelle.

Todos os estudantes, agrupados por cursos, realizaron diferentes xogos deportivos no patio do centro educativo. A continuación asistiron ao festival que prepararon os mestres e estudantes de Cartelle ao longo do curso escolar. Sorprenderon aos invitados cunha gran variedade de funcións musicais ( bailes, coreografías, cancións), cunha fabulosa curtametraxe e unha divertida canción signada. Para finalizar todos os asistentes, tamén estaban as familias, gozaron das actuacións e dos diferentes espectáculos de patinaxe, teatro, artes marciais e gaita, das actividades extraescolares xestionadas polo Concello de Cartelle e a Anpa do centro educativo.    

No mes de novembro xuntáronse no colexio de Ramirás para conmemorar o Samaín. No calendario escolar, dos dous colexios, estas convivencias son as citas máis desexadas ao longo do curso. Para os mestres de Ramirás e Cartelle supón unha oportunidade de relacionarse e convivir dende o primeiro curso de educación infantil ata o último de educacion primaria. É moi beneficioso, tanto para estudantes coma para os mestres, que de forma inmediata, e de cara ao futuro, mellore e se potencie a relación dos colexios da contorna. Todas as actividades teñen un enfoque educativo, formativo, social, deportivo e festivo que cren importante seguir desenvolvendo. Noraboa a todos os estudantes e mestres que participaron nesta estupenda actividade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar