Na primeira fase do proxecto está previsto o arranxo de 200 metros, cun investimento de 60.000 euros
O Concello de Baltar comezou esta semana as obras de mellora nas beirarrúas da súa estrada principal. Por unha banda, e tal e como explicou o alcalde, José Antonio Feijóo, nestes intres os operarios traballan na adecuación duns cen metros de beirarrúa dende a entrada ao núcleo urbán por Portugal. "Fixemos unhas melloras na rede de sumidoiros. Eran moi necesarias posto que estaban ocasionando inundacións e afectando a casas de particulares e a establecementos comerciais", explicou o primeiro edil de Baltar. "Debido a esta actuación, algunhas beirarrúas quedaron afectadas e houbo que proceder ao seu arranxo
Por outra banda a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas, consignou unha partida de 60.000 euros para reformar 200 metros de beirarrúas nesta mesma estrada. "Queremos que estas primeiras actuacións sexan o preámbulo a unha obra completa que adecente, como é debido, a nosa vía principal", manifestou o rexidor local. "Hai partes que están impracticables, con numerosos desperfectos e é preciso arranxalas, xa que alguén pode sufrir un tropezo", engadiu.
O rexedor tamén sinalou a intención de solicitar algunha axuda de Eficiencia Enerxética para cambiar o mobiliario urbán.