Opinión

Os indicios a tomar en consideración

A demencia tipo Alzheimer presenta distintas etapas de evolución da enfermidade que é preciso coñecer para asegurar uns correctos coidados en cada unha das etapas. Máis importante ca isto, se cabe é a detención precoz da enfermidade, e é aquí onde os profesionais da enfermaría temos un papel clave.

Dentro das actividades que debemos de realizar á hora de detectar os síntomas temperáns na enfermidade do Alzheimer atópanse as seguintes:

Confirmar indicios que poidan constatar dita sospeita utilizando diferentes instrumentos de diagnóstico como o test Mini-examen cognoscitivo de LOBO (MEC) ou a escala de Barthel, ou mediante a verificación da existencia de diagnósticos enfermeiros típicos da enfermidade de Alzheimer nas fases iniciais.

Indicar ós pacientes e/ou familiares a importancia de realizar un estudo de diagnóstico completo. O retraso na detección da enfermidade ten consecuencias para a calidade de vida dos pacientes e as súas familias.

Co diagnóstico precoz os pacientes terían máis oportunidades para enfrontarse a situacións persoais e a problemas que máis adiante non poderían resolver.

Non podo deixar de facer unha mención especial ó coidador principal informal, o encargado de axudar nas necesidades básicas, sen percibir retribución económica por elo. O coidado diario dun familiar enfermo de Alzheimer supón un estres emocional e físico que dá lugar a que os coidadores presenten unha calidade de vida peor que a do resto da poboación.

Te puede interesar