Opinión

Enquisas

Entramos no primeiro fin de semana da campaña, no que se agarda choiva de enquisas que toman o pulso do electorado, o cal non quere dicir que sexan un adianto dos resultados da noite do 1 de marzo, ainda que poñan dos nervios a candidatos e responsables de campaña. A demoscopia non é ciencia exacta, senón unha aproximación á realidade, que ten a sua maior fiabilidade aplicada ó momento en que se lle fan as preguntas á xente. O demáis son unha mezcla de análise, interpretación da evolución do voto en función das respostas e tamén unha parte de vaticinio.


Se engadimos os cambios que poidan xurdir no pensamento dos electores durante a campaña -debido a esta mesma ou a acontecementos alleos-, as posibilidades de desviación poden chegar a ser importantes, como ten sucedido en ocasións anteriores. Hai catro anos, por exemplo, o PPdeG remontou posicións dende o que apuntaban as enquisas de precampaña, mentres que o mesmo partido desfondouse nas xerais de 2008, cando meses antes os pronósticos eran moito máis favorables para esta formación.



Te puede interesar